ELECCIÓNS XERAIS 2008


Co motivo das Eleccións Xerais que se celebrarán o vindeiro 9 de marzo de 2008, o Centro Galego de Barcelona organiza unha serie de conferencias, para dar a oportunidade aos distintos partidos políticos de presentar o seu programa ante tódolos nosos socios e simpatizantes.

Leer más...
 
HOMENAXE AOS FUNDADORES DO PRIMEIRO CENTRO GALEGO DE BARCELONA


O vindeiro sábado 24 de novembro ás 13 horas, a nosa entidade celebrará unha “Homenaxe aos Fundadores do primeiro Centro Galego de Barcelona fundado no 1.892”.

O acto, ao que asistirá o Secretario Xeral de Emigración da Xunta de Galicia, o Sr. D. Manuel Luis Rodríguez González, consistirá na entrega dun agasallo aos descendentes dos socios fundadores e do descubrimento dunha placa na súa honra.

 Tamén se presentará o libro “Máis que nós ninguén” que recompila os 115 anos de historia do Centro Galego de Barcelona.
 
 
XORNADAS SOBRE A DIÁSPORA


As persoas e os modelos asociativos na emigración.

Os vindeiros 20, 21, 22 e 23 de novembro, terán lugar no Centro Galego de Barcelona, as I Xornadas sobre a Diáspora: As persoas e os modelos asociativos na emigración.  Que contará cun ciclo de conferencias a cargo de distintos expertos na materia.

 

 

Leer más...
 
II CURSO DE PERFECCIONAMENTO TÉCNICO

Os vindeiros días 1, 2, 3 e 4 do mes de novembro dará comezo o II Curso de Perfeccionamento Tecnico. O lugar escollido para levar a cabo as clases volve a ser o centro Flor de Maig no recinto do Parc del Coneixement de Cerdanyola del Vallès.

 
Leer más...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 Siguiente > Final >>

Centro Galego de Barcelona © 2007 - correo@centrogalegobarcelona.org